SOMOS CAMBADOS considera que a ubicación da sede do Consello Regulador “Rías Baixas” en Cambados sería un factor fundamental para a creación de emprego no sector servizos, o máis castigado pola crise e ao que pertencen máis da metade dos desempregados cambadeses. A profunda crise que está a padecer Cambados, cunha taxa de paro superior á media comarcal, provincial, galega e estatal, é unha razón máis para retomar esta xusta reivindicación e, coa unión de toda a cidadanía, conseguir que Cambados se converta a todos os efectos na capital do Albariño.
Pola cantidade de xente que mobiliza e o volume de negocio que xera durante os doce meses do ano, a sede do Consello Regulador constituiría un revulsivo económico extraordinario para o tecido industrial cambadés, nomeadamente para o comercio e a hostalería.
É necesario lembrar que por cuestións administrativas e técnicas, os 6.500 viticultores teñen que desprazarse varias veces ao ano a Pontevedra.
O traslado a Cambados do persoal do Consello Regulador, que nalgúns meses do ano supera os 40 traballadores, e as continuas visitas que durante todo o ano realizan á sede de “Rías Baixas” numerosos profesionais e empresarios de diferentes sectores relacionados co marketing, exportación e outras áreas de negocio do mundo do viño, suporía un importante impulso para a nosa economía.
Ademais, Cambados sería o centro das actividades de promoción do Albariño. Nos últimos anos vén sendo habitual que o Consello Regulador contrate os programas de maior audiencia da radio, de tal forma que periodicamente visitan Pontevedra para realizar os seus programas en directo, o que supón mobilizar un gran número de xornalistas, tertulianos, persoal técnico e demais colaboradores. Como é ben coñecido, a pesar de que a finalidade deses programas é a promoción do Albariño, Cambados e O Salnés están totalmente ausentes, sendo a única beneficiada a vila de Pontevedra que, convén recordalo, non está incluída na Denominación de Orixe. Para estas e outras actividades de promoción, o Consello Regulador conta con máis de 2 millóns de euros, dos que unha boa parte son aportados polos propios viticultores e adegueiros. Realizar estes eventos en Cambados constituiría unha oportunidade inmellorable de promoción da nosa vila, que redundaría na xeración de riqueza e na tan necesaria creación de emprego.
Non só o noso sector servizos resultaría beneficiado, tamén o serían os 5.000 viticultores do Salnés, que representan o 75 % do total da Denominación de Orixe, posto que ademais de evitar desprazamentos a Pontevedra, facilitaría a realización de xornadas técnicas cerca do lugar de procedencia dos viticultores.
pamphlet on critical thinking
critical thinking introduction
flaschcards on six rules of critical thinking
best vpn proxy
cyberghost vpn
chrome vpn
best vpn location
buy a vpn server
best anonymous vpn
buy vpn with paypal
best vpn for windows free
hola free vpn
free vpn for google chrome
the best vpn free
turbo vpn for pc
free dating services online
interracial dating site
yahoo dating personals
single ladies
online dating meet
dating sites free near me
usa free dating sites
japanese dating
40 online dating
best online dating websites
online dating website
single date online
buy essays online safe
essay on social service
custom essay service
coursework in english
coursework writing services
creative writing english coursework
I have read your article carefully and I agree with you very much. This has provided a great help for my thesis writing, and I will seriously improve it. However, I don’t know much about a certain place. Can you help me? https://www.gate.io/zh-tw/signup/XwNAU
I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article. https://accounts.binance.com/en/register?ref=FIHEGIZ8