MITIN DE SOMOS CAMBADOS NO COLEXIO DE CORVILLÓN ESTE VENRES ÁS 8 DA TARDE

SOMOS CAMBADOS_A3 mitin2 (2)Este venres 8 de maio, ás 20:00 horas, SOMOS CAMBADOS iniciará os seus actos da campaña electoral cun mitin no Colexio Público de Corvillón. Intervirán o candidato á alcaldía, Tino Cordal, cuxa familia é natural desta parroquia, o número dous da candidatura, Xurxo Charlín, e os candidatos de SOMOS CAMBADOS veciños de Corvillón, Antón Sineiro e Rita Mosteiro, e con el comezaran os actos electorais que levaran a esta Candidatura Veciñal a percorrer tódalas parroquias de Cambados, nos que non so imos expoñer as nosas propostas, se non tamén poder escoitar as demandas dos nosos veciños.

Neste mitin exporanse as principais propostas de SOMOS CAMBADOS, incluídas no seu “Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados”, cuxas prioridades son Axudar ás persoas que o precisan, Impulsar a creación de emprego e Fomentar a igualdade de oportunidades para todos os cambadeses e cambadesas.

As propostas de SOMOS CAMBADOS para defender o sector do Mar serán tamén explicadas neste acto, xa que Corvillón é unha parroquia que conta con moitos mariñeiros, armadores e mariscadoras.

SOMOS CAMBADOS é unha candidatura veciñal que non depende de ningún partido político, polo que o noso financiamento procede exclusivamente das doazóns dos nosos simpatizantes.

Un dos nosos obxectivos principais é levar a honradez e a transparencia ao Concello. SOMOS CAMBADOS quere predicar co exemplo: calquera cidadán pode comprobar na nosa web ata o último céntimo da procedencia dos ingresos e do destino dos gastos da nosa campaña.

SOMOS CAMBADOS invita ás demais forzas políticas a que fagan igualmente públicas as súas contas.

SOMOS CAMBADOS, desde a súa modestia, quere contribuír ao desenvolvemento do tecido comercial e industrial de Cambados; por iso gastará a totalidade do presuposto da campaña electoral en empresas cambadesas.

1 pensamiento sobre “MITIN DE SOMOS CAMBADOS NO COLEXIO DE CORVILLÓN ESTE VENRES ÁS 8 DA TARDE”

  1. Hiya, I am really glad I’ve found this information. Nowadays bloggers publish just about gossips and web and this is actually irritating. A good site with exciting content, this is what I need. Thanks for keeping this site, I will be visiting it. Do you do newsletters? Cant find it.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *