SOMOS CAMBADOS quere expresar o seu agradecemento máis sincero a tod@s aquel@s que acudiron á presentación da nosa candidatura, e as nosas desculpas ás ducias de persoas que tiveron que quedar fóra de Exposalnés. Unha vez máis SOMOS CAMBADOS vese sorprendido pola impresionante resposta dos veciños e veciñas. As máis de 200 persoas que se achegaron ao acto demostran que, a pesar das limitacións económicas e materiais da nosa candidatura, hai gañas de cambio en Cambados. SOMOS CAMBADOS non descansará ata o 24 de maio para conseguilo.
A afluencia de xente ao acto de presentación da nosa candidatura desbordou por completo as expectativas dos máis optimistas. Pese a convocar o acto case exclusivamente polas redes sociais e apenas cunha ducia de carteis elaborados artesanalmente, máis de 200 veciños acudiron á chamada da candidatura encabezada polo profesor Tino Cordal.
Despois do visto na tarde de onte, a escaseza de recursos materiais e económicos de SOMOS CAMBADOS non parece que vaia ser un obstáculo para converterse na verdadeira alternativa a un PP desgastado e sen proxecto despois de 28 anos de maioría absoluta. SOMOS CAMBADOS demostrou contar cun equipo xoven, preparado, con ideas e que contaxia ilusión e credibilidade.
Abriron o acto as intervencións d@s candidat@s Esther Castro Trigo, Silvia Vozza, Xan Galbán e Xesús Castro, quen logrou emocionar aos asistentes coa lectura da carta de apoio a SOMOS CAMBADOS publicada a través dos blogs e das redes sociais por Óscar Pardo Planas, emigrante en Estados Unidos, que representa o sentir da maioría dos centos de mozos e mozas cambadeses que tiveron que emigrar nos últimos anos na procura dun futuro que en Cambados non puideron atopar.
O número dous da candidatura, o economista e empresario Xurxo Charlín, resumiu o “Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados”, destacando aquelas propostas encamiñadas a axudar aos máis castigados pola crise, a crear emprego e a instaurar no Concello unha xestión baseada na honradez e a transparencia.
O acto rematou coa intervención do candidato á alcaldía, Tino Cordal, quen utilizou parte da súa intervención a criticar aos dirixentes do Partido Popular que fan da política unha profesión para enriquecerse: “Para os que pensan que Aragunde representa algo novo na política cambadesa, dicirlles que cando o noso candidato Marcos Daporta González estaba comezando preescolar, Aragunde xa estaba na política municipal vivindo dos impostos dos cidadáns. E para os que pensan que Aragunde representa algo distinto a Tourís, dicirlles que en 2014 dedicou 30.000 € a invitar aos seus colegas políticos do PP á comida do Albariño e só 7.000 € a becas para os estudantes de familias sen recursos… esas son as súas prioridades”.
Tino Cordal deixou ben claro que SOMOS CAMBADOS non se presenta a estas eleccións para conseguir un ou dous concelleiros, senón para liderar o cambio que Cambados necesita e ser a forza vertebradora dun goberno municipal que teña como obxectivos: axudar ás persoas que o precisan; apostar pola creación de emprego; e, xestionar con honradez, promovendo a participación e a igualdade de oportunidades”.
En tan só un par de semanas, SOMOS CAMBADOS conseguiu recuperar a ilusión dun número de veciños e veciñas que aumenta día a día e que agora si cren posible derrotar ao PP despois de 28 anos.
en iyi bonus veren siteler sizlerle deneme bonusu alabilirsiniz.
thanks you very good guzel site
thanks you very good guzel site
Merhabalar deneme bonusu ve deneme bonusu veren siteler sayfamızdadır.
Merhabalar deneme bonusu ve deneme bonusu veren siteler sayfamızdadır.
I am really impressed along with your writing skills and also with the structure for your blog. Is this a paid subject or did you modify it yourself? Either way keep up the excellent high quality writing, it is uncommon to see a great blog like this one today..
I may need your help. I tried many ways but couldn’t solve it, but after reading your article, I think you have a way to help me. I’m looking forward for your reply. Thanks.
The point of view of your article has taught me a lot, and I already know how to improve the paper on gate.oi, thank you. https://www.gate.io/signup/XwNAU
Reading your article has greatly helped me, and I agree with you. But I still have some questions. Can you help me? I will pay attention to your answer. thank you.
Hello There. I found your blog using msn. This is a very well written article.
I’ll make sure to bookmark it and come back to read
more of your useful information. Thanks for the post. I will certainly return.
It is not my first time to pay a visit this web site,
i am visiting this website dailly and get pleasant data from here daily.